Sede electrónica Concello de Brión

15:27:43 Venres 29 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina. De forma presencial, acudir directamente ao Centro Social Polivalente, donde lle facilitarán información sobre a documentación a presentar.

Convocatoria Ordinaria. Renovación de praza: 1 - 10 de abril; Novo ingreso: 15 - 30 de abril

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 8.2, prioridade 4, do Regulamento de funcionamento da E.I.M.

  • Formulario de solicitude de praza na E.I.M. (É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado)
  • DOCUMENTACIÓN A EFECTOS DE SOLICITUDE DE PRAZA
  • Copia do DNI do pai e nai ou dos representantes legais do/a menor.
  • Copia do libro de familia.
  • Copias da declaración do IRPF de cada membro computable referidas ao exercicio económico con data de presentación da declaración do IRPF pechada. Se non se viñera obrigado á presentación do IRPF, aportarase certificación de imputación de rendas e certificacións de ingresos referidos ao mesmo período (INEM, Seguridade Social, empresa contratante, certificacións bancarias,…). Declaración xurada de ingresos, se fose o caso.
  • Xustificante de gastos de aluguer/hipoteca
  • Informe do equipo de valoración de minusvalías en caso de prazas de integración.
  • DOCUMENTACIÓN A EFECTOS DE APLICACIÓN DO BAREMO
  • Informe de vida laboral actualizado ou informe de situación actual (Tesourería Xeral da Seguridade Social)
  • Cualificacións de discapacidade alegadas.
  • Documentación acreditativa de incidencias (separación, divorcio, abandono do fogar, desemprego, cargas, familia numerosa,...)
  • Informe social se fose preciso.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.